Have an account?Log in
A conta atrás
Cartoné 200 pp
Additional info
Galician (Spain) · ECC Ediciones
About this edition
Edición integral en galego. Tamén existe unha edición en castelán.
Inclúe a segunda parte, inédita, e un epílogo.
17x24 cm PVP 23.50€
Plot
Edición integral en galego. Tamé existe unha edición en castelán.
Inclúe a segunda parte, inédita, e un epílogo.
Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, a lectura de A conta atrás preséntase como o remedio perfecto para evitar que se cumpra a máxima de Cicerón segundo a cal “os pobos que esquecen a súa historia están condenados a repetila”. Asinada por Carlos Portela e Sergi San Julián, esta novela gráfica preséntase a través dunha nova edición que ademais de incluír a segunda parte da obra —até agora inédita—, contén un prólogo do novelista Manuel Rivas e un epílogo do historietista Miguelanxo Prado, así como abundante material adicional que profundiza na xénese e no desenvolvemento deste proxecto.
Transcorreu un ano des que o accidente dun petroleiro causou unha gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do goberno autonómico, presenta ante os medios de comunicación unha campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia —relatada en sentido inverso— se desprega perante o lector.
View more
Publication date
August 2, 2022
ISBN / Barcode
Other Editions
This comic is on these lists
What readers say
4,5
4.5 10
maluchi has rated46/29/2024
![]()
tachagra has rated57/31/2023
![]()
martinopla has rated42/17/2023
![]()
_carlos has rated41/23/2023
![]()
davidluc2 has rated51/19/2023
![]()
albertop has rated512/4/2022
![]()
cami22 has rated410/23/2022
![]()
mantequilla04 has rated48/17/2022
![]()
sandman2013 has rated58/4/2022
![]()
The content of this page is licensed under a Creative Commons 4.0 Share Alike license, except for comic images that are the property of their respective authors and publishers. We waive the right of attribution. More info.




redvintage has rated58/29/2023
Unha lectura imprescindible. Esquecer é morrer, e non o podemos permitir. Grazas a Portela e a Sergi por facer que isto non quede no olvido. Nunca máis!