O Reiciño de Galiza

O Reiciño de Galiza

Got it!

O Reiciño de Galiza

Rústica 52 pp

3.53.52 reviews

Additional info

Galician (Spain) · 

Plot

Esta obra obtivo o PREMIO DEPUTACIÓN DA CORUÑA a proxectos sobre o Reino de Galicia 2022.

Nunha Galiza en tensión por manterse como reino independente, sete infantes raptan a Nuno, o primoxénito do rei García II. Un enigmático cabaleiro francés, de nome Roldán, inicia unha aventura de rescate sen freo que deixará como rastro un río de sangue. A traizón a un rei ten un prezo.

Inacio e Iván Suárez adaptan de xeito maxistral esta obra dunha das mellores plumas do romanticismo, Victor Hugo, que fixou a súa mirada no derradeiro rei de Galiza para rimar un relato épico e poético que resulta imperecedoiro e fresco.

Le petit roi de Galice, publicado dentro da obra magna de Hugo La légende des siècles, recupera a tradición medievalista dos autores románticos enxalzando a loita clásica entre o ben e o mal. Unha banda deseñada na categoría de delicatessen.

O proxecto complétase con dúas pezas divulgativas:

GARCÍA DE GALIZA: O fillo da traizón. Curta documental de dous capítulos, dirixida por Manel Cráneo, que analiza os motivos que levaron a Victor Hugo a abordar a figura deste rei fundamental e o feito da traizón e usurpación do seu trono como fito indispensable para entender a historia de Galiza. Estrea o 21 de marzo de 2023 na nosa canle de Youtube.

Unidade didáctica con actividades sobre o tema, que se pode descargar na seguinte ligazón: O REICIÑO UNIDADE DIDÁCTICA

View more

Publication date

ISBN / Barcode

  • 978-8-412-61204-2

This comic is on these lists


What readers say

3,5

3.5 2

has rated31/7/2024

has rated47/31/2023

The content of this page is licensed under a Creative Commons 4.0 Share Alike license, except for comic images that are the property of their respective authors and publishers. We waive the right of attribution. More info.